search


Outgoing

Selección de Alumnos para Becas Erasmus 2015-2016

Os candidatos solicitarán e entregarán na oficina do centro co resto da documentación, até as 13:00 h do 15 de xaneiro incluído
O alumno presentará en secretaría:
_ Impreso de solicitude (en secretaría)
_ Nota media de expediente académico
_ Portfolio de proxectos da especialidade (máximo 10 traballos)
_ Certificación de cursos que acrediten o coñecemento de idiomas

Criterios de selección
1. O alumno estará matriculado e deberá ter rematado o primeiro curso na escola.
2. Expediente académico (nota media de acordo coas normas establecidas no DOG de 23 de marzo de 2005); valorarase cun máximo de 4,00 puntos
3. Portfolio do alumno con traballos da especialidade que cursa. Valorarase ate un máximo de 4,00 puntos.
4. Coñecemento de idiomas
4.1 O nivel de idioma estranxeiro terá a seguinte puntuación no proceso de selección Erasmus de acordo co Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas: Nivel A1: 0, 15 puntos; nivel A2: 0,30 puntos; nivel B1: 0,45; nivel B2: 0,60 puntos; nivel C1: 0,75 puntos; e nivel C2: 1,00. A puntuación máxima será de 3,00 puntos.
4.2 No seu defecto presentará certificado de notas en Idiomas no bacharelato ou cursos que acrediten o coñecemento da língua.

Unha vez feita a selección, esta publicaráse no taboleiro de anuncios e na páxina web da EASD Antonio Faílde.

Carta+del+estudiante