search


Obxectivo das Ensinanzas Superiores de Deseño

DECRETO 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma deGalicia.
(…)
Artigo 3. Finalidade das ensinanzas artísticas superiores de Deseño e perfil profesional
1. As ensinanzas artísticas superiores de Deseño terán como obxectivo a formación cualificada de profesionais no ámbito do deseño, capaces de comprender, definir e optimizar os produtos e servizos do deseño nos seus diferentes ámbitos, dominar os coñecementos científicos, humanísticos, tecnolóxicos e artísticos e os métodos e procedementos asociados a eles, así como xerar valores de significación artística, cultural, social e ambiental, en resposta aos cambios sociais e tecnolóxicos que se vaian producindo.
2. O perfil do/a titulado/a superior de Deseño corresponde ao/á dun/dunha profesional cualificado/a capaz de concibir, fundamentar e documentar un proceso creativo a través do dominio dos principios teóricos e prácticos do deseño e da metodoloxía proxectual, capaz de integrar as diversas linguaxes, as técnicas e as tecnoloxías na correcta materialización
de mensaxes, ambientes e produtos e significativos.
3. Os/as titulados/as Superiores de Deseño estarán capacitados/as para o exercicio da creación e da investigación.