search


Na Veta


para web-01 (1)
publicado
April 1st, 2016
escrito por
secretaria
comentarios
0 comentarios

NA VETA
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE EBANISTERÍA
07/04/2016 ÁS 20.00
MUSEO MUNICIPAL DE OURENSE

Trátase dunha exposición realizada pola EASD Antonio Faílde de Ourense, co obxectivo de dar visibilidade aos estudos de ebanistería, parte da nosa oferta educativa, e introducirnos no proceso artesanal dende a materia prima ata o prototipo.

O carácter multidisciplinar é o proceder habitual en calquera proxecto expositivo complexo, no que colaboran profesionais de distintos ámbitos. Deste xeito, a exposición foi un ilusionante proxecto dos alumnos das especialidades de ebanistería, interiores e gráfico. E como escola, valoramos a importancia do deseño coma proceso, dende a definición da estratexia a seguir ata a montaxe final.

Comentar



− one = 8