search


Internacional

Mantemos unha estreita relación con outros centros
e universidades que comparten a nosa vocación internacional, participando en experiencias de mobilidade para alumnos e profesorado, como os programas “Leonardo da Vinci” e Eurestor.

O pasado curso máis de 80 dos nosos estudantes participaron en intercambios con escolas de Suecia, Dinamarca, Alemaña, Xapón, China, Canadá, Etiopía e Malta, entre outras, e do mesmo modo ao noso centro incorporáronse alumnos e alumnas chegados de Portugal, Finlandia ou India.