Ilustración

A formación do ilustrador oriéntase ao exercicio da súa actividade profesional no ámbito da publicidade, a produción editorial, o deseño ou a animación como parte dun equipo de traballo ou bien actuando como profesional autónomo.
No transcurso da súa preparación o ilustrador recibe os fundamentos técnicos, artísticos e estilísticos que lle permitirán interpretar un concepto e traducilo graficamente mediante a solución que mellor se adapte ao perfil do proxecto.
O ciclo superior de ilustración organízase, en dous cursos académicos máis a realización dun proxecto final e prácticas en empresa.
Ao remate da formación o alumno recibe o título de Técnico Especialista que posúe carácter homologado e recoñecemento oficial en toda Europa.
O acceso ao ciclo é directo para aqueles alumnos que cursasen o Bachiarelato Artístico, mediante proba específica para os que procedan de 2º de Bacharelato, Técnicos Superiores e FP2 e a través de proba xeral e específica para alumnos que superen os 19 anos, sen titulación previa.
Teoría da imaxe
Debuxo artístico
Técnicas de ilustración
Técnicas gráficas tradicionais
Sistemas de representación espacial
Deseño gráfico asistido por ordenador
Segundo curso
Debuxo artístico
Historia da imaxe gráfica
Técnicas gráficas industriais
Teoría e práctica da animación de imaxes
Proxectos de ilustración
Fotografía
Formación e orientación laboral




