search


Deseño gráfico

Presentación O deseñador gráfico é un creador cuxa actividade ten por obxecto a utilización da linguaxe gráfica para xerar mensaxes e comunicar contidos de natureza diversa con diferentes medios e para as distintas canles de comunicación. Os ámbitos principais onde desenvolve a súa actividade son: identidade corporativa e visual, deseño editorial, producción gráfica, deseño de envases e embalaxes, dirección de arte en publicidade, deseño audiovisual, grafismo en televisión, deseño multimedia, deseño de interacción e web, deseño ambiental (gráfica e comunicacións aplicadas ao espazo), deseño de material didáctico, investigación e docencia.
Titulación A superación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño dará lugar á obtención dun título, especificando a especialidade correspondente, equivalente a todos os efectos a un grao universitario, de carácter oficial e validez académica e profesional en todo o territorio estatal español e no espazo europeo de ensinanzas superiores. Estes estudos desenvólvense segundo o lexislado no Real Decreto 633/2010, de 14 de maio, (BOE Núm. 137 do sábado 5 de xuño de 2010) e na Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG Núm. 195 do venres 8 de outubro de 2010).
Organización A duración das ensinanzas artísticas superiores de Deseño comprende catro cursos académicos, de 60 créditos ECTS cada un, cun total de 240 créditos ECTS, de acordo co sistema europeo de transferencia de créditos. Estes créditos, segundo o cadro do plan de estudos anexo, distribuiranse entre materias de formación básica, materias obrigatorias da especialidade, materias de libre elección propostas pola escola, prácticas externas e o traballo de fin de grao. Ademais, o alumnado poderá obter o recoñecemento de até un máximo de 6 créditos ECTS pola participación, debidamente acreditada, en actividades culturais, artísticas, deportivas, de representación do estudantado, solidarias e de cooperación.

Plans de estudo

Acceso xeral Con carácter xeral, para o acceso a estes estudos requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

Máis de 19 Os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente e teñan dezanove anos cumpridos no ano de realización das probas, deberán superar a proba establecida no artigo 69.5º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o aspirante deberá acreditar os seus coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato.

Directo Poderán acceder aos estudos, sen realizar a proba específica, os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en artes plásticas e deseño.

Probas de acceso