search


Frank Buschmann


publicado
December 17th, 2020
escrito por
grafico
categoría
ebanistería, palestras
comentarios
0 comentarios

Palestra de Frank Buschmann

Luns 21 de decembro – 11:00h. Sala de actos EASD Antonio Faílde

Frank Buschmann (1969), premio artesania Galicia 2020, fundador de Woodworks Buschmann Bela formouse como creador, deseñador industrial e ebanista. De orixe alemá pasou a súa infancia entre Sudáfrica e Nixeria e a súa adolescencia e formación entre Alemaña e Holanda. A súa etapa profesional estivo marcada polo seu espírito experimental, case sempre traballando de modo independente e vinculado a proxectos que empuxan os límites e as definicións establecidas.
Despois dun extenso periplo, influído nos seus inicios pola ebanistería, logo polo deseño, a xestión cultural, a conceptualización de ideas, a arte, a cooperación e un longo etc., volve de novo á madeira. Nesta ocasión, coa intención de defender unha formulación pura e dunha gran esixencia.

Por mor da actual situación de pandemia a palestra realizarase observando as medidas de protección e hixiene individuais e colectivas contempladas no protocolo anti-Covid19 no ensino. Aforo moi reducido e asistencia exclusiva da comunidade escolar da EASD Antonio Faílde, con prioridade para o alumnado do Ciclo Formativo de Grao Superior de Ebanistería Artística.

Comentar



five + = 14