search


Fotografía

Presentación
Este ciclo persegue formar profesionais da fotografía con capacidade para crear e interpretar sucesos estéticos. Ademais dos coñecementos teóricos e técnicos propios da especialidade, o ensino oriéntase cara ao desenvolvemento no alumnado da capacidade de análise para enfocar os proxectos fotográficos cunha mirada orixinal e significativa. A persoa que obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Foto¬grafía pode exercer a súa profesión nos sectores produtivos no ámbito público ou privado, en empresas do sector da comunicación, axencias de publicidade, estudios de deseño, de moda, prensa, editoriais, TV, en empresas e institucións doutros sectores que así o requi¬ran, en museos e empresas de restauración de obras de arte, arqueoloxía, laboratorios forenses, investigación policial, medicina legal, peritación, etc.

Organización
O Ciclo Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía organízase en dous cursos académicos de 60 créditos ECTS cada un, cun total de 120 céditos ECTS, dos que 114 créditos ECTS corresponden a módulos impartidos no centro docente e 6 créditos ECTS a prácticas en empresas.
Ao final da formación o alumnado recibe o Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía que posúe carácter homologado e recoñecemento oficial en toda Europa.
O acceso ao ciclo é directo para quen estea en posesión do título de Bacharelato Artístico, Artes plásticas e deseño, Conservación e Restauración, Belas Artes, Arquitectura, Enxeñaría técnica en Deseño Industrial. Acceden mediante proba específica aqueles/as que posúan o título de Bacharel ou declarado equivalente a efectos de acceso e a través de proba xeral e específica o alumnado que supere os 19 anos de idade e careza da titulación requirida.

Probas

Primeiro curso
Fundamentos da representación e a expresión visual
Teoría da imaxe
Historia da fotografía
Medios informáticos
Técnica fotográfica I
Proxectos de fotografía I
Linguaxe e tecnoloxía audiovisual I.

Segundo curso
Teoría fotográfica
Técnica fotográfica II
Proxectos de fotografía II
Linguaxe e tecnoloxía audiovisual II
Proxecto integrado
Formación e orientación laboral
Prácticas en empresas, estudios e talleres