search


Joan Fontcuberta


publicado
diciembre 8th, 2020
escrito por
grafico
comentarios
0 comentarios

Xoves 10 de decembro ás 19:30h. no Salón de Actos da EASD.

Encontro co fotógrafo Joan Fontcuberta que impartirá a conferencia titulada «imágenes conspirativas» e logo manterá un diálogo coa asistencia.

Por mor da actual situación de pandemia a palestra realizarase observando as medidas de protección e hixiene individuais e colectivas contempladas no protocolo anti-Covid19 no ensino. Aforo moi reducido e asistencia exclusiva da comunidade escolar da EASD Antonio Faílde, con prioridade para o alumnado do Ciclo Formativo de Grao Superior de Fotografía.

Joan Fontcuberta experimenta coa fotografía e o seu poder de comunicación. É recoñecido internacionalmente tanto polo seu traballo fotográfico como polas súas teorías. Ademáis é comisario, crítico de arte e profesor universitario.

Fontcuberta sempre quere provocar a reacción da mente d@ observador@, polo xeral crédul@ e compracente. Por iso as súas imaxes son das que non se esquecen…

Ten recibido moitos premios internacionais, pero baste destacar os seguintes: Premio Nacional de Fotografía (1998), Premio David Octavius Hill pola Fotografisches Akademie GDL de Alemaña (1988), e o Premio Internacional de Fotografía Hasselblad (2013).

O seus libros convertéronse en auténticos clásicos: “El beso de Judas”, “La cámara de Pandora” premio Nacional de Ensayo (2011), “La furia de las imágenes”…

 

Joan Fontcuberta / Pilar Rosado. “Prosopagnosia”, 2020

 

Comentar



× tres = 6