search


Escuela

Presentación
A Escola de Arte e Superior de Deseño “Antonio Failde” de Ourense é un centro público que depende da consellería de educación da Xunta
de Galicia.

A nosa oferta educativa acolle un amplo número de especialidades que impartimos a través de ciclos formativos e as chamadas ensinanzas artísticas superiores de deseño, que son, a todos os efectos equivalentes a unha titulación universitaria.

Todas as nosas titulacións son de carácter oficial e gratuito, e posibilitan ademais acollerse ao sistema de bolsas que ofrece a lexislación educativa.

Visión
O noso proxecto común proponse crear un espazo de relación onde ensinar e promover a cultura do deseño a través das súas distintas especialidades.

Comprendemos o deseño como un medio poderoso para axudar a resolver os problemas humanos da realidad social en que se inscribe.

Para materializar os nosos principios confiamos na educación multidisciplinar, a cultura de proxecto e a aposta decidida pola innovación permanente.

Instalacións
A actual e definitiva sede da EASD “Antonio Failde” sitúase nun edificio contemporáneo, pensado para responder funcionalmente aos requisitos propios das especialidades que integran o noso proxecto educativo.

Así, ademais das aulas teóricas, o centro dispón de obradoiros orientados á formación práctica, equipados con tecnoloxías específicas en comunicación, prototipos, fotografía ou edición entre outros.

De igual modo, a escola conta cunha biblioteca de libre acceso, salón de actos e cafetería onde os alumnos poden quedarse a comer cando o horario de clase así llo aconselle.

Entorno
En Galicia, ao noroeste de España, atópase a cidade de Ourense, mirando desde sempre as marxes do río Miño.

A cidade, que forma parte da rota dos peregrinos a Santiago de Compostela, posúe un importante patrimonio románico, presente nas súas pontes e arquitecturas, así como abundantes xacementos de augas termais que a fixeron famosa.

Hoxe, Ourense é unha capital en plena proxección ao exterior a través de industrias como a moda (Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Purificación García…), a gastronomía e o deseño, que sitúan os seus produtos en cualquera lugar do mundo.

A sede da escola asenta sobre un contexto natural arroupado por espazos verdes e arborados. Un entorno apracible onde desenvolver a formación e recibir a expresión evocadora da natureza.

Nas proximidades da escola existe un complexo polideportivo habilitado para a práctica de numerosas actividades (fútbol, hockey, badminton…) xunto con unha gran residencia de estudantes que acolle a algúns dos nosos alumnos nacionais e internacionais.