search


Biblioteca

EASD_Web_171122.27

BIBLIOTECA

Horario
A apertura da sala de lectura é coincidente co horario do centro durante o período lectivo, exceptuando os mércores de 16.00h a 21.00h así como todas as datas que, por funcionamento do centro se precisen, sendo publicados estes na porta de entrada da biblioteca con anterioridade.
O horario de funcionamento do servizo de préstamo de libros (retirada ou devolución) están condicionados anualmente polos horarios dos/as docentes asignados a esa tarefa, a información será exposta na porta de entrada da biblioteca. En períodos non lectivos o servizo de préstamo queda suspendido. O horario de emprego da máquina de reprodución ou ploteado será o do horario da sala de lectura.

Atención
O préstamo de libros estará supervisado polos/as docentes asignados a esa tarefa, en períodos non lectivos o servizo de préstamo queda suspendido.

Normas de uso
De forma xeral, NON estará permitido:
• Introducir ou consumir comida.
• Utilizar teléfonos móbiles.
• Desprazar ou mover do seu lugar mesas ou outras pezas de mobiliario.
• Facer ruído ou falar nun ton de voz que moleste ao resto dos usuarios.
Ademais, é necesario ter en conta que, cando haxa un/a profesor/a asignado/a na sala:
• O acceso aos andeis é libre e poderanse consultar as obras así como levar á mesa ou posto de estudo que o usuario estea a utilizar na sala de lectura.
• Non hai límite no número de obras de acceso directo que poden consultarse simultaneamente en sala.
• Cando houber un/ha encargado/a na sala poderáse solicitar a consulta de cantos exemplares requira o alumnado.
• Os exemplares non poden saír das instalacións da biblioteca, sen pasar previamente polo mostrador de préstamo, para ser debidamente controlados.
• Unha vez terminada a consulta, o/a usuario/a debe devolver os exemplares a poder ser ao andel.
• O/a usuario/a manterá en todo momento unha actitude respectuosa co persoal da biblioteca, o resto dos/as usuarios/as e as instalacións.

Préstamos
Para poder utilizar o servizo de préstamo é necesario ser alumno/a ou docente do centro e presentarase o carné de estudante ou outro documento xustificativo.
As normas referidas ao préstamo e devolución dos libros son as seguintes:
• O profesorado poderá sacar en préstamo a domicilio os libros cun prazo máximo de quince días aínda que poden renovalos sempre que non sexan solicitados eses títulos por outro/a docente.
• O alumnado poderá sacar en préstamo a domicilio até un máximo de 2 fondos da biblioteca cun prazo máximo de sete días.
• O servizo de préstamo dos fondos da biblioteca queda reflectido nun rexistro de préstamos, manual que cumprimentará o/a profesor/a responsable.
• Préstamos: 2 semanas prorrogabeis. O servizo préstamo queda rexistrado no Meiga, non hai rexistro manual.
Incumprimento das normas de préstamo:
• O deterioro ou perda de materiais bibliográficos ou documentais debe ser reposto por parte do/a usuario/a e, se isto non for posibel, procederá a indemnizar polo prexuízo causado.
• Os/as usuarios/as teñen a obriga de devolver os materiais nos prazos estipulados. O atraso na devolución penalizarase con dous días de suspensión do dereito ao préstamo por cada día e obra de atraso. O atraso reiterado na devolución comporta a suspensión temporal ou definitiva do dereito a préstamo.
Quedan excluídos do préstamo:
• Obras de referencia: dicionarios, enciclopedias, etc.
• Revistas e outras publicacións periódicas.
• Documentos antigos, raros, valiosos…
• Documentos dificilmente reemplazables.
• Aqueloutros materiais que, a xuízo da biblioteca, deban ser preservados.