search


Anatxu Zabalbeascoa


Anatxu Zabalbeascoa
publicado
marzo 22nd, 2019
escrito por
grafico
comentarios
0 comentarios

ICC + D: A ARQUITECTURA E A ARTESANÍA COMO ICC
Mércores 3 de abril. Salón de actos da EASD Antonio Faílde. 11:00h.

A arquitectura e a artesanía ocupan un lugar propio dentro da economía creativa. O deseño e estudo de materiais converxen como ferramentas principais para o desenvolvemento de produtos derivados do talento dos creativos, unha creatividade que nos acompaña a través da historia, que nos rodea por todas partes: a artesanía e a arquitectura están nas cadeiras, as mesas, os sinais, os edificios, museos, casas, fábricas, os pratos, cuncas e utensilios que foron produto dunha análise, unha aprendizaxe e a faísca que produce unha mente creativa.
A EASD Antonio Faílde e Ourense ICC Week queremos poñer un foco na artesanía e o deseño como un valor que merece ser protexido, dignificar a profesión de artesán e deseñador, queremos destacar a importancia da modernización, crecemento e consolidación dun sector que é fonte xeradora de emprego, medio de cohesión social e cun importante valor cultural e económico.

ANATXU ZABALBEASCOA

Anatxu Zabalbeascoa (Barcelona, 1966) estudou xornalismo na Universidade Autónoma de Bellaterra da súa cidade natal, e Historia da Arte no Art Institute de Chicago. Viviu tamén en Londres, Roma e Madrid, onde ten a súa residencia actual. Anatxu é a correspondente da sección de arquitectura do xornal El País, onde escribe desde hai 22 anos. Tamén leva o blog de arquitectura Del Tirador a la Ciudad, aloxado na versión dixital do devandito xornal. Ademais, escribiu numerosos libros sobre asuntos de arquitectura, entre eles, The New Spanish Architecture (Rizzoli, 1993), Vidas construidas. Biografías de Arquitectos (Gustavo Gili, 1998); Las casas del siglo (Gustavo Gili, 1999); Minimalismos (Gustavo Gili, 2000) ou Todo sobre la casa (Gustavo Gili, 2011).

Zabalbeascoa foi xurado entre outros no Premio Nacional de España de Deseño, a Medalla de Ouro de Arquitectura Española, a Bienal de Arquitectura Española, o Premio Arquitectónico da Cidade de Barcelona, o FAD de Arquitectura ou o Premio de Arquitectura Villa de Madrid e actualmente é presidenta do xurado do Premio Internacional de Artesanía Loewe. Foi comisaria de Espectáculos de Arquitectura no Reina Sofía de Madrid (Minimalismos, MNCARS Madrid, 2001 e Bilbao Project, 2012, do Alhóndica de Bilbao). Profesora invitada no Mestrado en Deseño de Espazos Interiores de Elisava (Universidade Pompeu Fabra de Barcelona), estudiou no Grinell College (Iowa) e na Escola de Arquitectura da Universidade Europea de Madrid.

Comentar



+ ocho = 15