search


Tombak

Easd-Antonio Faílde-Tombak04-b

TOMBAK
Marcos Pérez Saburido
Ebanistería Artística
Material: Carballo, castiñeiro, sapelly e nogueira
Ano: 2017-18
Fotos: Ofelia Cardo

Easd-Antonio Faílde-Tombak06-b

Easd-Antonio Faílde-Tombak03-b

Easd-Antonio Faílde-Tombak05-b

A idea da creación deste Tonbak xorde da paixón pola música do autor, sendo él mesmo músico, máis concretamente de instrumentos de percusión. O meso (taburete) responde pola súa forma a una tipoloxía de instrumentos musicais de percusión que se dan de maneira semellante en todas as culturas do mundo e que consiste nun membranófono cun hazo aresoante este pode ser chamado Darbouka, Doumbek, Tabal ,Toumbek, etc…
A inspiración do deseño de Tombak vén entón da observación da forma común que teñen estes instrumentos, un corpo con forma de copa, cuxos dous extremos son mais anchos que a súa parte central.
A nivel técnico é unha peza realizada no trono. O bloque esta creado pola unión de diferentes pezas de madeira, nogueira, carballo, castiñeiro e sapelly. Entre elas constrúen un debuxo de testa no meso (taburete) que nos recorda a unha roda de un carro galego, elemento singular na cultura popular debido a os diferentes deseños que existían, e tamén a o son especifico e recoñecible que producía, xa que se escoitaba a distancia.
No caso do nome xogamos coa sonoridade que recibe o instrumento na antiga Persia: Tonbak. O nome é, en si mesmo, unha onomatopeia dos dous sons que produce, Ton grave e Bak agudo. Ton bak, ton bak, ton bak, ton bak…..