search


SPA La Molinera

la molinera 01

SPA La Molinera

Noemí Salgado. 2010.
Proponse como proxecto, dado o emprazamento do edificio, un SPA, ou centro de benestar, con propósito de dar un servicio inexistente hoxe, aínda que vinculado co termalismo da cidade.

O proxecto desenrólase nun lugar concreto, e con referencias propias. Ten unhas características moi marcadas como son os muros de pedra, ou a torre que antigamente tiña cuberta a oito augas, que conviven con outras características máis actuais como estructura de formigón e certos cerramentos onde desaparece a mampostería de pedra para dar paso a un formigón obscurecido polo tempo.

O edificio en si é unha mestura de diversos materiais onde conviven diferentes materiais pedra, tixolo, formigón… novos ou recuperados.

O terreo onde se sitúa a edificación ten un perfil inclinado, que presenta unha pendente máis acusada na parte alta pola que se accede, consecuencia do cal a única fachada na que se percibe o volume completo é a norte, a que da cara ao río Barbaña.

Trátase dun proxecto con diferentes usos, algún públicos, sempre relacionados coa auga, e outros de ámbito algo máis reservado. Atendendo a estas premisas, a primeira necesidade é diferenciar moi claramente a zona máis ao exterior, a máis pública, e as zonas máis privadas, das piscinas, que son espazos máis pechados de relaxación e sen un contacto directo co exterior.

A circulación vaise desenrolando para que o visitante chegue ás zonas de auga, e así nun primeiro lugar atópanse zonas de relax e duchas, e a opción de introducirse nunca piscina, seguindo un percorrido que conduce a zona máis oculta do SPA, coa obriga de pasar pola auga para poder acceder a ela, sempre con opción de auga quente ou fría.

Optouse por dar unha imaxe na planta primeira moi diáfana e aberta cara ao exterior, ao contrario que na planta inferior moito máis pechada e cun percorrido marcado, intentando deixar o existente sen sofrir modificacións e sen reparar neles, e crear novos volumes coa importancia visual que lle confire o formigón branco.