search


Laboratorio de ideas

laboratorio01

Laboratorio de ideas

María Santos. 2010.

Converter un vello espazo nun lugar para crear, para xerar novas ideas, para intercambiar pensamentos, para permanecer máis de media vida, para facer realidade os sonos. Transformar en definitiva unha ruína nun taller de deseño e arquitectura.
O río, a vexetación, a ponte, o ámbito e a súa boa situación en relación ao núcleo urbano, constitúe unha sólida base na que asentar este ámbito de traballo con moi boas perspectivas pola beleza e o ameno dos seus arredores.

As devanditas edificacións encóntrase na marxe esquerda do río Arnoia e a súa función foi a de albergar unha minicentral eléctrica na edificación principal.
Para o desenvolvemento deste proxecto pensouse na vida e a historia do edificio ao longo do tempo, polo que unha das ideas foi buscar o valor deses elementos, espazos e intervencións, e incorporalos como pegadas visibles no deseño. Parte da substancia histórica do edificio foi conservar a súa función como productor de enerxía eléctrica, aproveitando o seu destino inicial e deixando patentes as súas raíces.

Por outro lado incorporáronse novos elementos ao deseño do estudio cos cales crear un dialogo entre o novo e o antigo.
O eixo do proxecto pasa a ser a zona de traballo que se desenvolve como un volume independente pero cunha comunicación intencionada co resto de espazos.

Este laboratorio de ideas está emprazado nun envexable ámbito natural cun desenvolvemento interior que se mestura nalgúns lugares coa arquitectura.