search


Política de Calidade

EASD_Web_171122.40

A Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia, ten unha implicación clara e un compromiso definido coa calidade, como se describe na nosa Misión, Visión e Valores.
A Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia, da que forma parte a EASD Antonio Faílde, obtivo en maio de 2019 o certificado de calidade ER-0225/2019, ISO 9001, da axencia AENOR, un selo que acredita a consolidación dun sistema de xestión de calidade nas escolas que integran a rede. O certificado é ademais un recoñecemento á excelencia das ensinanzas que imparten e á formación artística dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. Ademáis o Título Superior de Deseño da rede de EASDs de Galicia está sometido á avaliación da ACSUG, Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, membro da ENQUA, European Asociation for Quality Assurance in High Education.

LIGAZÓN PDF POLÍTICA DE CALIDADE