search


Máis que ver. Pepe Barro.


pepebarro
publicado
November 14th, 2018
escrito por
secretaria
categoría
Sin categoría
comentarios
0 comentarios

Mais que ver. Cen historias do deseño na Galiza
Pepe Barro
Presentación do libro
Mércores 21 de novembro ás 11:30h.
Salón de actos da EASD Antonio Faílde

Velaquí cen historias da historia da nosa cultura, cen artigos que son un convite a debullar os códigos da comunicación visual, cen tixolos cos que axudar a levantar a historia da profesión na Galiza.
Sempre hai máis que ver se usamos os ollos e a cabeza ao tempo, se ollamos con toda a nosa bagaxe cultural. As pezas de deseño gráfico reflicten a cultura dun país, mesmo que moitas veces non deamos lido as súas mensaxes, fáltannos as claves históricas, tantas veces negadas, ou o coñecemento da linguaxe visual, moi maltratado no ensino regrado. Velaquí cen historias da historia da nosa cultura, cen artigos que son un convite a debullar os códigos da comunicación visual, cen tixolos cos que axudar a levantar a historia da profesión na Galiza.
Pepe Barro (Pontedeume, 1955) é un deseñador con máis de corenta anos de profesión ao que lle gusta tocar todos os xéneros e mesmo procura mesturar uns cos outros, unha práctica que se pode entender como unha lectura da Galiza que renova os seus sinais de identidade: a Selección Galega de Fútbol, a Casa de Rosalía, a caixa de ovos do Pazo de Vilane ou os albariños Terra de Asorei son algúns dos seus traballos. Como profesional independente (1977), asociado no Grupo Revisión (1985) ou desde Barro Deseño (2013), proxecta a identidade corporativa de entidades como a Universidade da Coruña, Consello da Cultura Galega, Xerais, Turgalicia, Denodo ou Culturgal; deseña publicacións como A Nosa Terra, Diario de Galicia, Tempos, ou Sermos Galiza; realiza sitios web como o da Real Academia Galega, ilustra libros como Arnoia, Arnoia ou Cantares gallegos, e mesmo os primeros «cuponazos» da Once. Entre outras exposicións, deseñou a do centenario da Real Academia Galega (2006); Rosalía de Castro, no principio foi o verso (2013); ou a Casa-Museo Manuel Antonio (2011). En 2014 publica o libro non venal O como é o que conta, trinta artigos sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura, edición de cen exemplares asinados e numerados. En 2016 deseña as exposicións Con-fío en Galicia; Saúde e Terra, irmá(n)s!, centenario das Irmandades da Fala; Galicia 100, obxectos para contar unha cultura. En 2017 conclúe a renovación museolóxica e museográfica da Casa de Rosalía. Recibiu o Premio da Crítica Galega en 1983, o Premio Galicia de Deseño Ateneo de Ourense en 1984, o Premio Xerais á Cooperación Editorial en 2000, o Premio AEPD en 2004 ou o Premio de Honra do Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia en 2017. É membro da Asociación Galega de Deseño (DAG). Pódese ver unha selección de traballos de Pepe Barro en www.gruporevision.net e www.pepebarro.gal Foto do autor: Xoán Piñón

Comentar



6 + six =