search


Joan Fontcuberta / SUSPENDIDO


publicado
March 2nd, 2020
escrito por
grafico
categoría
Sin categoría
comentarios
0 comentarios

SUSPENDIDA ACTIVIDADE

Encontro co fotógrafo Joan Fontcuberta o venres 13 de marzo ás 12:00h. no Salón de Actos da EASD.
Impartirá a conferencia titulada “A imaxe no purgatorio” e logo manterá un diálogo cos asistentes.

 Joan Fontcuberta experimenta coa fotografía e o seu poder de comunicación, é coñecido internacionalmente tanto polo seu traballo fotográfico como polas súas teorías. Ademáis é comisario, crítico de arte e incluso profesor universitario.

Fontcuberta sempre quere provocar a reacción da mente d@ observador@, polo xeral crédul@ e compracente. Por iso as súas imaxes son das que non se esquecen…

Ten recibido moitos premios internacionais, pero baste destacar os seguintes: Premio Nacional de Fotografía (1998), Premio David Octavius Hill pola Fotografisches Akademie GDL de Alemaña (1988), e o Premio Internacional de Fotografía Hasselblad (2013).

O seus libros convertéronse en auténticos clásicos: “El beso de Judas”, “La cámara de Pandora” premio Nacional de Ensayo (2011), “La furia de las imágenes”…

Contamos convosco na Faílde. Non esquezades esta data: venres 13 de marzo ás 12:00h. Vai ser un auténtico luxo poder pasar un rato con el na nosa escola!

Comentar



six + = 9