search


Información final de curso 2019-2020


publicado
April 29th, 2020
escrito por
grafico
categoría
news, secretary
comentarios
0 comentarios

NORMATIVA

Resolución de 23 de abril de 2020, da Dirección Xera de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Resolución, do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020

RESUMO

As programacións didácticas de cada módulo/disciplina foron adaptadas á actual situación, conforme á normativa anteriormente citada, nun anexo ás mesmas que están disposición da comunidade educativa na aula virtual. Se tes problemas de acceso, envía unha mensaxe a escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.gal

As cualificacións finais non poderán minorar as obtidas anteriormente polo alumnado.

As sesións de avaliación e cualificación realizaranse de xeito telemático.

A entrega e a defensa do traballo final de estudos farase por medios telemáticos.

Autorízase a ampliación nun ano o límite de permanencia nestas ensinanzas.

As probas de acceso aprázanse ata que as circunstancias sanitarias o permitan.

CALENDARIO

Co fin de adaptar a avaliación ás actuais circunstancias, adiando nunha semana as anteriores datas, a Easd Antonio Faílde, establece o seguinte calendario de final de curso.

PRÁCTICAS EN EMPRESAS

En aplicación da resolución de 23 de abril, a EASD informa das opcións ás que poderá acollerse o alumnado para a realización das prácticas en empresas.

COMUNICACIÓN

As comunicacións da EASD Antonio Faílde coa comunidade educativa realizaránse a través do sitio web www.escolarte.com e das redes sociais

 A comunidade educativa poderá contactar coa dirección mediante mensaxes de correo electrónico ao enderezo escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.gal ou nos teléfonos 988 238 365, 988 220 000 e 988 391 073.

Se desexa persoarse no centro educativo é preciso concertar cita previa contactando coa escola no enderezo electrónico ou teléfonos citados anteriormente.

O alumnado poderá contactar co profesorado, alén doutros medios que este determine, a través de mensaxes de correo electrónico aos enderezos que figuran na información pública na páxina web http://www.escolarte.com/profesorado-2/

Comentar



+ 9 = sixteen