search


Anuario 2018


cartaz
publicado
December 12th, 2018
escrito por
secretaria
categoría
escola, news
comentarios
0 comentarios

O próximo Xoves 20 de decembro ás 20:00h. terá lugar a presentación de I+, o anuario 2018 da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense. Será na salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcarcel da Deputación de Ourense na rúa Progreso nº 30. Intervirán no acto Patricia Ferreiro, deseñadora gráfica de este número así como profesorado e alumnado de cada unha das ensinanzas impartidas na escola; Ebanistería Artística, Ilustración, Fotografía, Deseño de Interiores e Deseño Gráfico. Como de costume, os contidos distribúense entre proxectos do alumnado das distintas especialidades e artigos de profesorado e de prestixiosos profesionais do deseño, nesta ocasión con sendos artigos de Artur Rebelo de R2 Design e Cenlitrosmetrocadrado así como entrevistas a Vicent Martinez Sancho, Marivi Calvo de LZF lamps e Alfonso Eirin. Ao finalizar o acto distribuiráse gratuitamente un exemplar a cada unha das persoas asistentes.

Comentar



5 − four =