search


Acceso EEAASSD 2020-2021


publicado
June 12th, 2020
escrito por
grafico
categoría
news, secretary
comentarios
0 comentarios

Publicada a RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, das instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2020/21.

A EASD Antonio Faílde oferta 20 prazas para cada unha das especialidades: Deseño Gráfico e Deseño de Interiores, das que 16 prazas serán para acceso con proba e 4 prazas para acceso directo.

As solicitudes para participar nestas probas de acceso poderanse presentar desde o día 18 ata o día 29 de xuño, ambos os dous incluídos. Formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.es/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365.

Se tes problemas para o rexistro telemático da inscrición podes cubrir e descargar estes impresos .

Podes abonar as taxas de inscrición seguindo estas instrucións:

As probas substitutivas do requisito de titulación de bacharelato terán lugar o día 6 de xullo no IES as Fontiñas de Santiago de Compostela, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00. De ser o caso, deberá consignarse no formulario da solicitude. Recomendamos a realización desta proba ao alumnado con materias pendentes de bacharelato xa que, debido ao adiamento a setembro da convocatoria extraordinaria, esta circunstancia impediría a eventual adxudicación de prazas en xullo no caso de realizar e superar únicamente a proba específica.

As probas específicas realizaranse o día 13 de xullo nas EASDs de Galicia: EASD Antonio Faílde de Ourense, EASD Pablo Picasso da Coruña, EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela e EASD Ramón Falcón de Lugo de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.

 

Consulta na seguinte ligazón as normas da EASD Antonio Faílde sobre prevención e hixiene a ter en conta no desenvolvemento das probas de acceso.

 

Entrega da documentación na EASD

Deberase solicitar cita previa no 988 238 365, 988 220 000 ou 988 391 073 e acudir á escola con mascarilla entre os días 18 e 29 de xuño .

Deberase entregar:

– Copia da solicitude de inscrición

– Copia do DNI

– Resgardo de aboamento das taxas

– Segundo proceda: certificados académicos orixinais, copia compulsada de titulación así como orixinais ou copia compulsada documentación acreditativa alegada.

RESUMO DE DATAS RELEVANTES

Perídodo de inscrición para as probas e para os accesos directos: do 18 ao 29 de xuño

Publicación da listaxe provisional de inscritos nas probas: 30 de xuño

Reclamacións á listaxe provisional de inscritos: 1 e 2 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva de inscritos: 3 de xullo.

Proba de madureza: luns 6 de xullo de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00.

Proba específica: luns 13 de xullo nas EASD de Galicia de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.

Publicación das cualificacións provisionais: antes do 17 de xullo.

Prazo de reclamación ás cualificacións provisionais da proba específica: do 17 ao 20 de xullo.

Publicación da listaxe de admitidos por EASD e especialidade: 22 de xullo.

Primeiro prazo de matrícula, do 23 ao 29 de xullo.

Segundo prazo de matrícula, 3 e 4 de setembro.

Terceiro prazo de matrícula, do 16 ao 18 de setembro.

 

PREGUNTAS FRECUENTES

Iremos publicando neste mesmo post as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).

MÁIS INFORMACIÓN

Tels.: (+34) 988 238 365 – (+34) 988 220 000 – (+34) 988 391 073

escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.es

Comentar



six − = 0