search


Catarsis

Catarsis.
Traballo de Fin de Estudos dos Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico. 2018
Autoría: Sara Villamor Valiño.
Catarsis é un proxecto persoal que combina textos e composicións visuais propias; categorizando o contido textual baixo prosa poética e, o visual, como poesía visual. Xorde como unha alternativa: dentro do xénero literario mencionado existe un problema de carencias no deseño das súas edicións. Todas son tratadas de forma repetitiva e monótona; non hai innovación nin diferenza e, con isto, deuse pé á perda de orixinalidade e dificultouse o transmitir sentimentos ao lector. A través deste proxecto pretendíase crear un produto que demostrase que se pode romper con todas as normas establecidas e que existen opcións máis creativas para deseñar libros deste tipo. Un dos obxectivos era reforzar a achega de distintas emocións a través da lectura e que, máis que como un produto, sexa percibido como unha experiencia. Tanto textos como composicións deseñadas conteñen unha mensaxe oculta ou unha dobre lectura que queda a libre interpretación de cada usuario. A pesar de que o elemento estrela do proxecto é un libro de 112 páxinas, tamén se inclúen pósteres, marcapáginas, adhesivos, un cartón, un cartafol para estes elementos mencionados e un packaging que contén todas as partes físicas. Inclúe 2 soportes para ser promocionado tanto físicos (folletos) como audiovisuais (trailer promocional).

Web - Prototipo - Detalles 3

Web - 72ppp - Libro - Indice

Web - 72ppp - Libro - 26

Web - 72ppp - Libro - 23

Web - 72ppp - Libro - 31

Web - 72ppp - Libro - 42

Web - 72ppp - Libro - 22

Web - 72ppp - Libro - 10

Web - 72ppp - Libro - 30

Web - 72ppp - Libro - 13

Web - 72ppp - Libro - 07

Web - 72ppp - Libro - 18

Web - 72ppp - Libro - 25

Web - Prototipo - Carpeta

Web - Prototipo - Detalles

Web - Prototipo - Folletos