A Escola de Arte e Superior de Deseño “Antonio
Failde” de Ourense é un centro público
que depende da consellería de educación da
Xunta de Galicia.
A nosa oferta educativa acolle un amplo número de
especialidades que impartimos a través de ciclos
formativos e os chamados estudos superiores de deseño,
que son, a todos os efectos equivalentes a unha diplomatura
universitaria.
Todas as nosas titulacións son de carácter
oficial e gratuito, e posibilitan ademais acollerse ao sistema
de bolsas que ofrece a lexislación educativa.
Aula Virtual