search


Deseño de interiores

Presentación
O deseñador de interiores é un profesional capaz de analisar, investigar e proxectar, dirixir equipos de proxectos e de execución de obras de deseño de interiores, así como actuar como interlocutor directo perante as administracións públicas no ámbito da súa profesión.

Os ámbitos principais onde desenvolve a súa actividade son: vivenda e deseño dos espazos interiores para o hábitat, deseño de espazos comerciais e de lecer, deseño de espazos administrativos, deseño de espazos culturais, educativos e lúdicos, deseño de espazos efémeros, rehabilitación de vivendas, paisaxismo e deseño de espazos públicos, xestión empresarial de actividades creativas, deseño dos espazos interiores dos distintos sistemas de transporte, xestión de obras, medicións, orzamentos e prevención de riscos no ámbito do deseño de interiores, dirección de obras no ámbito do deseño de interiores, investigación e docencia.

Titulación
A superación das ensinanzas artísticas superiores en Deseño dará lugar á obtención dun título, especificando a especialidade correspondente, equivalente a todos os efectos a un grao universitario, de carácter oficial e validez académica e profesional en todo o territorio estatal español e no espazo europeo das ensinanzas superiores.

Estes estudos desenvólvense segundo o lexislado no Real Decreto 633/2010, de 14 de maio, (BOE Núm. 137 do sábado 5 de xuño de 2010) e na Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG Núm. 195 do venres 8 de outubro de 2010).

Organización
A duración destes estudos comprende catro cursos académicos, de 60 créditos ECTS cada un, cun total de 240 créditos ECTS, de acordo co sistema europeo de transferencia de créditos. Estes créditos, segundo o cadro do plan de estudos anexo, distribuiranse entre materias de formación básica, materias obrigatorias da especialidade, materias de libre elección propostas pola escola, prácticas externas e o traballo de fin de grao. Ademais, o alumnado poderá obter o recoñecemento de até un máximo de 6 créditos ECTS pola participación, debidamente acreditada, en actividades culturais, artísticas, deportivas, de representación do estudantado, solidarias e de cooperación.

Plan de estudos

Acceso xeral
Con carácter xeral, para o acceso a estes estudos requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

Máis de 19

Os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente e teñan dezanove anos cumpridos no ano de realización das probas, deberán superar a proba establecida no artigo 69.5º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o aspirante deberá acreditar os seus coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato.

Directo

Poderán acceder a estes estudos, sen realizar a proba específica, os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en artes plásticas e deseño.

Probas de acceso.