search


Desescribir


baixa
publicado
April 1st, 2014
escrito por
grafico
categoría
gráfico, palestras
comentarios
0 comentarios

Desescribir
Mércores 9 de abril às 12:00h
Salón de actos da EASD Antonio Faílde

Desescribir é un estudio galego de deseño editorial e gráfico formado por Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez, ámbolos dous arquitectos de formación. Desescribir é a maneira de expresar un desexo e unha necesidade: a de cuestionar, poñer en dúbida e, cando é posible, de repensar a realidade.
Na primavera do 2012 fundan a editora Fabulatorio, laboratorio editorial onde experimentan nas capacidades que ten o libro como obxecto para comunicar significados; investigando na relación entre forma-contido e producindo coa industria galega de artes gráficas. Os dous últimos libros editados por Fabulatorio recibiron premios a nivel estatal e internacional. O poemario «kleinigkeiten/cousiñas» acaba de ser galardoado cun LAUS 2014, e o fotolibro «Ostalgia» cun D&AD awards na categoria de deseño editorial.
O seu compromiso coa difusión e a promoción do deseño gráfico e editorial fainos formar parte dende o 2011 da Asociación Galega de Deseñadores (DAG).
Máis información de desescribir e o seu traballo en www.desescribir.com

Desescribir 1/4 from EASD Antonio Failde Ourense on Vimeo.

Comentar



× 5 = five