search


David Barro


CIS RETRATOS-579 cop_baixay
publicado
April 4th, 2019
escrito por
grafico
categoría
noticias, palestras
comentarios
0 comentarios

DAVID BARRO
Abrazar a diferenza. Artesanía, deseño e arte contemporánea
Martes 9 de abril. Salón de Actos. 12:00h.

Nos últimos tempos, o deseño e a artesanía conquistaron definitivamente o terreo da arte contemporáneo. Por unha banda, á hora de xerar formas belas ou atendendo ás súas presentacións, no caso do deseño. Por outro,no caso da artesanía, atendendo aos seus procesos, formas e materiais.
Con todo, non son poucos os que se empeñan radicalmente en separalas, aínda cando son disciplinas que, en numerosas ocasións, habitan nun lugar común. É por iso que, ante tanto estalido mediático, merece a pena resituar a nosa maneira de mirar. Quen máis e mellor o fixeron son os creadores, algúns artistas, pero tamén deseñadores que se destacan pola súa capacidade de levantar a cabeza e ollar, abrazando a forma das cousas e recuperando o seu tacto, convocando a súa diferenza. Tamén pola súa capacidade de traballar a partir de procesos artesanais e cunha actitude que lles permite reinventar o cotián para en moitos casos introducir o humor e a normalidade.
Esa, seguramente, é a capacidade máis efectiva para encarar as complexidades do século XXI. Se algo diferencia aos creadores é a maneira de ollar e a moitos deles interésalles o cruzamento de disciplinas e por iso permaneceron preto do mundo da artesanía, pola súa capacidade de ser un lugar para a experimentación. Preocupados pola arte, moitos deseñadores interésanse máis polo descubrimento serendípico e casual que polo produto máis acabado. O que está en xogo é a liberdade creativa e, en palabras de Gaetano Pesce, o dereito a ser incoherente. E aí, outra vez, as miradas entre deseño, arte contemporánea e artesanía crúzanse como tamén sucede na arquitectura, con arquitectos que reivindican o oficio artesanal por encima da mera intelectualización do proxecto creativo. Trátase de sumar desde a diferenza.

Davis Barro

David Barro (Ferrol, 1974) é director da Fundación DIDAC e comisario de exposicións. Codirector da empresa Dardo e editor de DARDO magazine. Foi director xerente da Fundación Luís Seoane (2014-2016), desde onde coordinou o proxecto CIDEA-Centro de Produción de Deseño da Coruña. Asesor da Fundación Barrié e responsable de adquisicións e colección (2008-2013), tamén exerceu como crítico doe El Cultural (1998-2014) e de revista Lápiz (2000-2004). Foi director da revista portuguesa [W]art (2003-2005), de revista Arte y Parte (1998-1999), da revista Interesarte de Editorial Galaxia e da feira de arte contemporánea de Vigo Espacio Atlántico (2010). En 2015 foi director e presentador do programa de televisión Botella al Mar (V Televisión). Como docente foi profesor da UCP do Porto (2001-2006) e actualmente é profesor do Máster en Estudios Avanzados da Universidad de Salamanca e do Máster en Gestión Cultural da Universidad Carlos III de Madrid. Actualmente é membro da xunta directiva de ADACE, Asociación de Directores de Arte Contemporánea en España. Como comisario de exposicións realizou máis de 50 mostras individuais (Axel Hütte, Jessica Stockholder, Alex Katz, Günther Förg, Sandra Cinto, Julião Sarmento, Julian Opie, Sandra Cinto, José Pedro Croft, Luís Seoane, Berta Cáccamo…) e máis de 50 colectivas vinculadas á arte contemporánea, a arquitectura e o deseño, entre elas Drift. Miradas cruzadas entre Deseño e Arte Contemporánea (MAC, A Coruña) ou Formas do deseño. Galicia XXI (Auditorio de Galicia). En 2010 foi director artístico do proxecto Look Up! Natural Porto Art Show, que ocupou 9 edificios emblemáticos da cidade do Porto, e en 2011 do Festival Internacional de Acción Artística Sustentable SOS 4.8 de Murcia.

Comentar



8 − = six