search


CREA 2020


publicado
March 6th, 2020
escrito por
grafico
categoría
Sin categoría
comentarios
0 comentarios

Arranca o día 1 de abril a segunda edición de CREA, as xornadas de arte e deseño da EASD Antonio Faílde. Será un encontro de dous días nos que ampliarmos coñecementos e compartirmos experiencias da man de prestixiosos/as profesionais do deseño gráfico, o deseño de interiores, a ilustración, a fotografía e a ebanistería artística. Teremos entre nós a Eduardo Aires, creador da referencial identidade visual do Porto premiada co D&AD Award e o European Design Award en 2015, o fotógrafo Paulo Nozolino, autor dunha obra chea de intensidade recoñecida internacionalmente, virá tamén Max, célebre creador de banda deseñada desde aquela primeira época de El Víbora e Premio Nacional de Cómic en 2007, Matilde Peralta, arquitecta galardonada co Premio FAD de Interiorismo 2019. O ámbito da ebanistería artística estará representada por Frank Brushmann, Premio Artesanía de Galicia 2019 e Elena Fabeiro, xerente de da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Dando continuidade ás nosas colaboracións coa ICC Week da Deputación de Ourense, contaremos tamén con Óscar Mariné ilustrador e deseñador gráfico senlleiro da movida madrileña, cuxa traxectoria, alén de Madrid me Mata ou os cartazes de filmes de Pedro Almodóvar, foi recoñecida co Premio Nacional de Diseño 2010. Haberá estes dous días unha exposición e venda de libros de arte e deseño de prestixiosas editoriais, así como de proxectos autoeditados do alumnado do ciclo formativo de ilustración. A cafetería da EASD ofrecerá á asistencia menús económicos para o xantar. Continuaremos informando. Esperámosvos!

Comentar



5 × = forty