search


COSTA Comunicación Visual


Captura de pantalla 2016-03-07 a las 11.57.59
publicado
February 19th, 2016
escrito por
grafico
comentarios
0 comentarios

COSTA Comunicación Visual
Aprender, Traballar, Aprender
Palestra na EASD Antonio Faílde de Ourense
Martes 23 de febreiro ás 12:00h. Salón de Actos

Proceso de traballo en deseño, desenvolvemento de identidade visual, creación dunha imaxe de marca e da importancia do deseño na xestión e desenvolvemento de modelos de negocio.

Dani Bembibre e David Silvosa son os socios fundadores de Costa, un estudio de marca e deseño creado en 2014 e que traballa, desde A Coruña, en proxectos globais de marca e identidade visual; deseño gráfico e dirección de arte; packaging e produto; e proxectos de retail e espazos. Entre os seus clientes atópanse Zara, Pull & Bear, Zara Home, Estrella Galicia, 1906 Reserva Especial, EXPOCoruña, Fundación Barrié, NEWS Belgium, La Sociale Paris, Kina Fernández, PCM Design ou o Concello de A Coruña, entre outros. O estudio gañou dous Premios de Ouro e tres Selecciones nos Anuaria 2015.

Dani Bembibre é deseñador gráfico e director de arte en Costa. Licenciado en Belas Artes, especializouse en deseño e ilustración na Universidade Aalto de Helsinki (Finlandia). Ten 15 anos de experiencia. Traballou en axencias como Ruiz+Company ou SUMMA de Barcelona, e nesta participou en proxectos para clientes como Silestone, Chocolat Factory, Nutrexpa, Telecinco ou na renovación da identidade visual de RTVE. En 2010 funda o seu propio estudio en A Coruña, Belda. En 2014 asóciase con David Silvosa e nace Costa. É docente en distintos foros, e ten o Premio del Art Directors Club of Europe, un Premio LAUS e os premios Grafia de Finlandia.

David Silvosa é arquitecto, deseñador e director de arte con 10 anos de experiencia. Empezou a súa carreira nos estudios de arquitectura de Carlos Ferrater en Barcelona, e de Franco Taboada en A Coruña, e cunha estancia como deseñador no LEGO Concept Lab de Barcelona. Traballou como arquitecto e deseñador independente para clientes como Zara, Vodafone, Estrella Galicia, Kina Fernández ou Coldelrosso. O seu traballo foi recoñecido cun premio Habitácola polo FAD (Foment de les Arts i del Disseny) e cunha bolsa Arquia da Caixa de Arquitectos. Foi relator no curso “Estratexias cidadáns para os tempos de crise” da Universidade de A Coruña e nos “Encuentros de Diseño Gráfico” en Xixón.
En 2014 funda COSTA con Dani Bembibre.

www.costa.io
[email protected]
981 229 662
Real 55 1ºIzda
A Coruña

Captura de tela 2016-02-19 às 15.43.36

Captura de tela 2016-02-19 às 15.41.23

Captura de tela 2016-02-19 às 15.40.56

Captura de tela 2016-02-19 às 15.37.11

Captura de tela 2016-02-19 às 15.39.18

Captura de tela 2016-02-19 às 15.36.48

Captura de tela 2016-02-19 às 15.35.31

Captura de tela 2016-02-19 às 15.35.51

Captura de tela 2016-02-19 às 15.39.33

Captura de tela 2016-02-19 às 15.34.55

Captura de tela 2016-02-19 às 15.34.14

Captura de tela 2016-02-19 às 15.33.54

Captura de tela 2016-02-19 às 15.33.23

Captura de tela 2016-02-19 às 15.33.07

Comentar



+ 5 = eleven