search


Concurso Servizo Cafetería Escola


images (3)
publicado
June 8th, 2016
escrito por
secretaria
categoría
escola, noticias
comentarios
0 comentarios

ENVÍO DE INSTRUCIÓN/S DE XESTIÓN DE RECURSOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS

Como se ven facendo desde fai tempo, ao remate de cada curso escolar, o Secretario Xeral Técnico aproba as Instrucións de xestión dos comedores escolares de xestión directa, dos comedores escolares de xestión indirecta, de transporte escolar e de cafeterías escolares, que regularán ditos recursos durante o vindeiro curso escolar.

Ditas Instrucións teñen como obxectivo básico aclarar e facilitar a xestión dos recursos educativos complementarios por parte dos axentes implicados nela: centros educativos, xefaturas territoriais e unidades da secretaría xeral técnica.

Porén, a finalidade primordial estriba en acadar unha unidade de criterios interpretativos substantiva e territorial e, conseguintemente, unha actuación homoxénea na materia en todos e cada un dos centros de ensino públicos, en cada unha das xefaturas territoriais e na propia secretaría xeral técnica.

Con este propósito envíanse todos os anos, recordando que, de conformidade co previsto no artigo 21.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, trátase de disposicións de carácter xeral ditadas no ámbito interno da organización administrativa, mediante as que os órganos superiores, en desenvolvemento dos principios de xerarquía normativa e coordinación, dirixen a actividade dos órganos inferiores e do persoal ao servizo da Administración Pública. En efecto, as Instrucións son ordes precisas dos superiores aos inferiores para que actúen nos termos nelas esixidos, co que resultan de obrigada lectura e cumprimento para os seus destinatarios.

instrucion_4-2016_cafeterias

Comentar



+ 7 = thirteen