search


Concurso Proxectos Finais 2016-17


logo_def
publicado
November 29th, 2016
escrito por
secretaria
categoría
escola, secretaría
comentarios
0 comentarios

1.- Participantes.
Poderán participar no Concurso todos aqueles/as alumnos/as que presenten o proxecto final na EASD Antonio Faílde de Ourense no presente curso académico, tanto de Ensinanzas Superiores coma de Ciclos Formativos.

2.- Obxecto dos deseños.
O determinado nas correspondentes convocatorias dos proxectos finais.

3.- Forma de presentación das propostas.
A determinada nas convocatorias dos proxectos finais, sempre e cando o proxecto se redacte en galego e a exposición do mesmo se realice nesta lingua. No caso dos proxectos de Deseño de Interiores esixirase que se presente en galego a documentación gráfica, e as partes da memoria que se corresponden coa xustificación da proposta, e sistemas construtivos.

4.- Prazo e lugar de presentación.
Os determinados nas convocatorias dos proxectos finais.
O/s mellor/es proxectos finais de cada un dos ciclos ou estudios equivalentes será valorado nunha única reunión conxunta entre os membros do xurado, a celebrar unha vez rematadas as convocatorias de presentación dos diferentes estudios para o presente curso académico.

5.- Premios.
Establécese un premio único de 500€.
O premio poderá quedar deserto se o xurado considera que ningunha idea ten a calidade suficiente ou non se axusta ás bases.

6.- Xurado.
O Xurado estará formado por un representante do EDLG, e un profesor membro de cada un dos tribunais dos proxectos finais, a elixir por e entre os membros dos mesmos.
O xurado reunirase e fará público o seu fallo o VENRES 15 de setembro de 2017.
O xurado estará facultado para resolver toda cuestión da súa competencia que non fose establecida de forma clara nestas bases.

7.- Tratamento dos orixinais.
O determinado nas convocatorias dos proxectos finais.

8.- Responsabilidades legais.
Os/as participantes no concurso responderán persoalmente da lexítima titularidade e orixinalidade da obra nos termos a que se refire o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, garantindo, pola soa participación neste concurso, dita titularidade.
O EDLG da EASD Antonio Faílde quedará eximido de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente na que, en materia de propiedade intelectual, puidesen incorrer as persoas participantes.

9.- Propiedade Intelectual.
O traballo premiado quedará a disposición da EASD Antonio Faílde, que poderá explotalo de acordo unicamente co obxecto da presente convocatoria.

10. Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación destas bases. O EDLG da Escola de Arte Antonio Faílde queda facultado para dirimir calquera controversia derivada da interpretación das bases. O ditame do xurado será inapelable.

Ourense, 17 de novembro de 2016

Mirian Seguín Pérez
Coordinadora EDLG

Bases-concurso

Comentar



four + = 7