search


Competencias EESS Deseño de Interiores

DECRETO 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.
(…)
ANEXO III
(…)
Competencias específicas do título superior de Deseño na especialidade de Interiores
Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño na especialidade de Interiores, deben posuír as seguintes competencias específicas:
EI1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores.
EI2. Concibir e desenvolver proxectos de deseño de interiores con criterios que comporten mellora na calidade, uso e consumo das producións.
EI3. Dirixir e certificar a realización de proxectos de interiores.
EI4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.
EI5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e a execución do proxecto.
EI6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.
EI7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e o comportamento dos materiais utilizados no deseño de interiores.
EI8. Coñecer os procesos de fabricación, produción e manufacturado máis usuais nos diferentes sectores vinculados ao deseño de interiores.
EI9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.
EI10. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de interiores.
EI11. Dominar a tecnoloxía dixital específica vinculada ao desenvolvemento e execución de proxectos de interiorismo.
EI12. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño de interiores.
EI13. Coñecer o marco económico e organizativo en que se desenvolve a actividade empresarial do interiorismo.
EI14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.
EI15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.