search


Competencias do título superior de Deseño Gráfico

DECRETO 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma deGalicia.
(…)
Competencias específicas do título superior de Deseño na especialidade de Gráfico
Ao rematar os seus estudos, os/as titulados/as superiores de Deseño na especialidade de Gráfico deben posuír as seguintes competencias específicas:
EG1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.
EG2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.
EG3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.
EG4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.
EG5. Establecer estruturas organizativas da información.
EG6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.
EG7. Determinar e, de ser o caso, crear solucións tipográficas adecuadas aos obxectivos do proxecto.
EG8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme os obxectivos comunicativos do proxecto.
EG9. Analizar o comportamento dos/as receptores/as do proceso comunicacional en función dos obxectivos do proxecto.
EG10. Aplicar métodos de verificación da eficacia comunicativa.
EG11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.
EG12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.
EG13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño gráfico.
EG14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.
EG15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.