search


Premios Mestre 2018


cartaz-acto_baixa
publicado
April 23rd, 2018
escrito por
secretaria
categoría
escola, noticias
comentarios
0 comentarios

Premios Mestre 2018

Os Premios Josep Albert Mestre a la excelencia en las enseñanzas de Artes Plásticas y Diseño, convocados pola Confederación de Escuelas de Artes Plásticas y Diseño recoñecen anualmente os mellores traballos finais de Ensinanzas Artísticas Profesionais e Ensinanzas Artísticas Superiores de todo o Estado español. A VII Edición, correspondente a 2018, foi organizada pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde, por ser gañadora do primeiro premio unha alumna da Escola, Ledicia Veloso, na edición anterior celebrada en Tenerife.
Na presente edición, a EASD Antonio Faílde designou un xurado de excepción, composto por deseñadores galegos/as de recoñecido prestixio a nivel internacional e con experiencia en proxectos de natureza interdisciplinar, que trascende á da súa propia especialidade; Pepe Barro, deseñador gráfico, Sara Coleman deseñadora de moda, Arturo Álvarez, deseñador de produto e Juan Rodriguez, fotógrafo. O día 20 de abril celebrouse cos membros do xurado unha palestra baixo o tema Interdisciplinariedade Proxectual, na que se trataron diversos aspectos de transversalidade interdisciplinar segundo a experiencia dos proprios ponentes e un diálogo co público asistente sobre a dialéctica entre arte e deseño, a xestión de equipos multidisciplinares, etc…
Foron presentadas a este certame máis de 180 proxectos provenentes de escolas de arte e deseño de toda España. Atendendo às bases, realizouse unha selección de 40 propostas proporcional às propostas presentadas; 4 de Ciclos formativos de grao medio, 24 de ciclos formativos de grao superior e 12 de ensinanzas artísticas superiores. Estes 40 traballos forman parte de unha exposición que permanecerá na sede da EASD Antonio Faílde desde o día 4 de maio ao 30 de outubro de 2018. O xurado fallou por unanimidade os seguintes premios; Primeiro Premio na categoría de ciclos formativos de grao medio, Vertebrae de José Luis Alés Bueno da Escola de Arte San Telmo de Málaga, Primeiro Premio na categoría de Ciclos Formativos de Grao Superior, Les Paüls, de Martí Pujol Bonastre da EASD Serra i Abella de l’Hospitalet de Llobregat, Mención de Honor de Ensinanzas Artísticas Superiores, Easy-Tap de Mónica Nájera Soroche, EASD de La Rioja, Logroño e Primeiro Premio da mesma categoría para Earthink de Andrés Ramírez da EASD de les Illes Balears de Palma de Mallorca.
O día 4 de maio procedeuse á inauguración da exposición por parte do Director Xeral de Centros e recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, José Manuel Pinal e do Presidente da Confederación de Escuelas de Artes Plásticas y Diseño, Eugenio Vega. A continuación deu comezo a gala de entrega de premios presentada e conducida polo actor e director teatral Quico Cadaval e a actuación do grupo de jazz Alfonso Medela Trio.

Premios Mestre 2018.

Coordinación: Xosé Manoel González

Xurado: Xosé Barro, Juan Rodríguez, Sara Coleman, Arturo Álvarez

Escenografía: Lucía Rodríguez, Manuel Seoane e Javier Fernández,

Exposición: Manuel Seoane, César Taboada, Javier Fernández e Xosé Manoel González

Colaboradores/as: Olalla Sío, Ofelia Cardo, Marisol Rodríguez, Armando García, Tonho Ferreiro, Josetxo Fernández, José Luis Casas e Virginia Barros,

Comunicación: Olalla Sío

Deseño gráfico: Eugenio Vega e Xosé Manoel González

Motion Graphics e audiovisuais: Olalla Ferrando

Música en gala: Alfonso Medela Trio

Presentador gala: Quico Cadaval

Fotografía, Agostiño Iglesias e Carmen Fernández

Impresión: Rodi, Oficode e Aceroplus

Son e iluminación: Sonorde S.L

xurado_baixa

cartaz_mesa_redonda_baixa
31124268_1636311489815610_4708880079652226953_n

31124329_1636311999815559_2253458935776018445_n

31124780_1636311523148940_4983252989463138745_n

31129383_1636311556482270_188662521938786896_n

31129393_1636311893148903_9147389343101662908_n

31138905_1636311786482247_2835524562521917097_n

31143753_1636311369815622_5076221543790553724_n

31166466_1636311633148929_4546653576666013751_n

31167068_1636311723148920_1932693119268469566_n

31172044_1636311383148954_5880285497116906358_n

31096772_1636311666482259_8203550400735213492_n

31100435_1636311443148948_1711406584227989523_n

31100439_1636311606482265_6222849290402782129_n

31108314_1636311349815624_7548658665239269192_n

31120833_1636312023148890_6197671163129938060_n

31120838_1636311529815606_8099655708511072218_n

cartaz-acto_baixa

Premios Mestre 2018. Evento e proxectos. from EASD Antonio Failde Ourense on Vimeo.

72_premiosMESTRE_06

72_premiosMESTRE_07

72_premiosMESTRE_08

72_premiosMESTRE_05

72_premiosMESTRE_03

72_premiosMESTRE_04

72_premiosMESTRE_09

72_premiosMESTRE_12

72_premiosMESTRE_14

72_premiosMESTRE_16

72_premiosMESTRE_18

72_premiosMESTRE_21

72_premiosMESTRE_22

72_premiosMESTRE_24

72_premiosMESTRE_26

72_premiosMESTRE_28

72_premiosMESTRE_29

72_premiosMESTRE_30

72_premiosMESTRE_31

72_premiosMESTRE_32

72_premiosMESTRE_37

72_premiosMESTRE_40

72_premiosMESTRE_41

72_premiosMESTRE_43

72_premiosMESTRE_44

72_premiosMESTRE_45

72_premiosMESTRE_46

72_premiosMESTRE_47

72_premiosMESTRE_48

72_premiosMESTRE_49

72_premiosMESTRE_50

72_premiosMESTRE_51

72_premiosMESTRE_52

72_premiosMESTRE_53

72_premiosMESTRE_54

72_premiosMESTRE_55

72ppp_pMESTRE_2escolma_08

72ppp_pMESTRE_2escolma_07

72ppp_pMESTRE_2escolma_06

72ppp_pMESTRE_2escolma_05

72ppp_pMESTRE_2escolma_04

72ppp_pMESTRE_2escolma_02

72ppp_pMESTRE_2escolma_01

72ppp_pMESTRE_2escolma_09

Comentar



eight × = 32