search


Cenlitrosmetrocadrado


cenlitrosbaixa640
publicado
April 3rd, 2018
escrito por
secretaria
comentarios
0 comentarios

Cenlitrosmetrocadrado
Palestra na EASD Antonio Faílde
Venres 6 de abril.
Salón de actos. 11:00h.

Cenlitrosmetrocadrado é un estudio de deseño e comunicación composto polos deseñadores: Xabier Rilo, Ricardo Tubío e Manuel del Río, que traballan cunha ampla rede de colaboradores externos en outros eidos tanxenciais á propia actividade do estudio.
Cenlitrosmetrocadrado constitúese coa intención de ofrecer un deseño de clara orientación humanista, que vaia máis alá da simple función práctica e que atenda tamén funcións de carácter emocional e social. Cunha identidade de marcado carácter atlántico, desenvolve proxectos que van desde o gráfico, o deseño de produto e espazos, ata a coordinación de equipos de traballo en ámbitos creativos. Nestes nove anos de traxectoria este estudio galego tivo a oportunidade de desenvolver múltiples proxectos que analizan e reflexionan sobre as diversas circunstancias e problemáticas que rondan ámbitos profesionais e culturais. <7p>
Á marxe das encomendas, cenlitrosmetrocadrado desenvolve proxectos por iniciativa propia dentro dunha liña de investigación interna baixo a denominación I+D+Cen. Estas experiencias están encamiñadas a reflexionar sobre diversos factores como poden ser: usos, códigos formais, contextos, materiais, técnicas produtivas…co fin de propoñer novos conceptos ou revisar os xa existentes.
(Texto; DIDAC)

cenlitrosmetrocadrado

Comentar



2 − two =