search


Acceso Ensinanzas Profesionais Artes plásticas e Deseño


logo_xunta
publicado
May 8th, 2012
escrito por
secretaria
categoría
escola, noticias
comentarios
0 comentarios

Publicado no DOG do 1 de xuño a Resolución do 21 de maio de 2012, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2012-2013.
Prazos inscrición na Escola:
Ciclos grao superior até o 22 de xuño.
Ciclos grao medio até o 18 de xullo.

CICLOS DE GRAO MEDIO.
1. As probas de acceso ás ensinanzas de grao medio realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen os alumnos e alumnas nos días e horas que se indican a seguir:

Proba de madureza: 3 de setembro.
• Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.
Versará sobre as seguintes materias: lingua galega, lingua castelá, área científico-tecnolóxica e área sociocultural. O alumnado seleccionará tres das devanditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para responder as cuestións de cada materia será de sesenta minutos.
• Segunda parte: das 16.30 ás 19.30 horas.
Versará sobre contidos relacionados coa educación plástica e visual.

Proba específica: 6 de setembro.
A proba específica realizarase de acordo co establecido no anexo IV desta resolución e terá lugar en cada unha das escolas de arte e superiores de deseño, nas horas que se indican a seguir:
Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.
Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.
Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

CICLOS DE GRAO SUPERIOR.
1. As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela, nos días e horas que seindican a seguir:

Proba de madureza: 26 de xuño.
A proba de madureza realizarase de acordo co establecido no anexo III desta resolución e nas horas que se indican a seguir:
• Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.
Versará sobre as seguintes materias: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, lingua estranxeira (inglés ou francés), historia de España, historia da filosofía, filosofía e cidadanía, e ciencias para o mundo contemporáneo.
O alumnado seleccionará tres das devanditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a realización desta proba será de tres horas.
• Segunda parte: das 17.00 ás 18.00 horas.
Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte.

Proba específica para todas as familias profesionais: día 2 de xullo.
A proba específica realizarase segundo figura no anexo IV desta resolución e nas horas que se indican a seguir:
Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.
Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.
Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

Comentar



+ seven = 12