search


Acceso Ensinanzas Profesionais


images (3)
publicado
June 3rd, 2013
escrito por
secretaria
categoría
escola, noticias
comentarios
0 comentarios

Publicado no DOG do 3 de xuño a Resolución do 21 de maio de 2013, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2013-2014.
Prazos inscrición na Escola:
Ciclos grao superior até o 20 de xuño.
Ciclos grao medio até o 24 de xullo.

CICLOS DE GRAO MEDIO.
1. As probas de acceso ás ensinanzas de grao medio realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen os alumnos e alumnas nos días e horas que se indican a seguir:

Proba de madureza: 3 de setembro.
• Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.
Versará sobre as seguintes materias: lingua galega, lingua castelá, área científico-tecnolóxica e área sociocultural. O alumnado seleccionará tres das devanditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para responder ás cuestións de cada materia será de sesenta minutos.
• Segunda parte: das 16.30 ás 19.30 horas.
Versará sobre contidos relacionados coa educación plástica e visual.

Proba específica: 6 de setembro.
A proba específica realizarase de acordo co establecido no anexo IV desta resolución e terá lugar en cada unha das escolas de arte e superiores de deseño, nas horas que se indican a seguir:
Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.
Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.
Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

CICLOS DE GRAO SUPERIOR.
1. As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela, nos días e horas que se indican a seguir:

Proba de madureza: 26 de xuño.
A proba de madureza realizarase de acordo co establecido no anexo III desta resolución e nas horas que se indican a seguir:
• Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.
Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés), Historia de España, Historia da Filosofía, Filosofía e Cidadanía, e Ciencias para o Mundo Contemporáneo. O alumnado seleccionará tres das devanditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a realización desta proba será de tres horas.
• Segunda parte: das 17.00 ás 18.00 horas.
Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte.

Proba específica para todas as familias profesionais: día 8 de xullo.
A proba específica realizarase segundo figura no anexo IV desta resolución e nas horas que se indican a seguir:
Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.
Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.
Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

Comentar



five + 3 =