Publicada no DOG de 19 de xuño a Resolución do 9 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21
A EASD Antonio Faílde oferta 30 prazas para cada unha das especialidades: Fotografía , Ilustración, e Ebanistería Artística das que 15 prazas serán para acceso con proba e 15 prazas para acceso directo.
INSCRICIÓN
As solicitudes de inscrición poderanse formalizar desde o 22 de xuño ata o 3 de xullo na secretaría da escola cubrindo este formulario ou telemáticamente na ligazón abaixo indicada.
Unha vez cuberta, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola ou enviarase nunha única mensaxe a: escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.gal, ademais de:
– Copia do DNI ou NIE da persoa aspirante.
– Copias da documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados (ver páxs. 5 e 6 da resolución )
De optar polo envío ao correo electrónico, a documentación orixinal deberá ser aportada na secretaría da escola no momento da matrícula para ser cotexada. De non ser así, non se poderá tramitar a matrícula e perderase a praza.
Para persoarse na escola deberase solicitar cita previa no 988 238 365, 988 220 000 ou 988 391 073 e acudir con mascarilla.
PROBAS
As probas realizaranse nas EASD de Galicia en se inscribiron os/as aspirantes : EASD Antonio Faílde de Ourense, EASD Pablo Picasso da Coruña, EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela e EASD Ramón Falcón de Lugo.
Proba de madureza, día 10 de xullo. de 10:00 a 13.00 e de 17:00 a 18:00 horas
De ser o caso, deberá consignarse no formulario da solicitude de inscrición
Recomendamos a realización desta proba ao alumnado con materias pendentes de bacharelato xa que, debido ao adiamento a setembro da convocatoria extraordinaria, esta circunstancia impediría a eventual adxudicación de prazas en xullo no caso de realizar e superar únicamente a proba específica.
Proba específica día 20 de xullo na EASD, de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas
Consulta na seguinte ligazón as normas da EASD Antonio Faílde sobre prevención e hixiene a ter en conta no desenvolvemento das probas de acceso.
DATAS MÁIS RELEVANTES
Período de inscrición: do 22 de xuño ao 3 de xullo de 2020. A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría da Escola. Deberase solicitar cita previa no 988 238 365, 988 220 000 ou 988 391 073 e acudir á escola con mascarilla, ou ben telemáticamente do 22 de xuño ao 3 de xullo mediante o enlace á aplicación CodexPro que se habilitará próximamente na páxina web da escola.
Listaxe provisional de inscritos: 6 de xullo.
Reclamacións á listaxe provisional: 7 e 8 de xullo.
Listaxe definitiva de inscritos: 9 de xullo.
Datas e horario da proba de madureza:
Proba de madureza: 10 de xullo, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 18:00.
Listaxe provisional de cualificacións: 14 de xullo.
Reclamacións á listaxe provisional: 15 e 16 de xullo.
Listaxe definitiva de cualificacións: 17 de xullo.
Proba específica: 20 de xullo de 2020, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00.
Listaxe provisional de cualificacións: 22 de xullo.
Reclamacións á listaxe provisional: 23 e 24 de xullo.
Listaxe definitiva de cualificacións: 27 de xullo.
Matrícula: do 28 ao 31 de xullo.
Matrícula para alumnado que cumpra os requisitos en setembro, no caso de haber prazas vacantes: do 17 ao 18 de setembro de 2020.
Iremos publicando neste mesmo post as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).
Publicada a listaxe de persoas matriculadas e prazas de segunda adxudicación (matrícula 17 e 18 de setembro) para cursar os Ciclos Formativos de Grao Superior nas EASDs para o curso 2020/21.
MÁIS INFORMACIÓN
Tels.: (+34) 988 238 365 – (+34) 988 220 000 – (+34) 988 391 073
0 comentarios