search


Acceso e admisión

ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO II
Acceso e admisión
Artigo 3. Requisitos xerais para o acceso

1. De acordo co establecido no artigo 5.1 do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, para o acceso ás ensinanzas oficiais conducentes ao título superior de Deseño, en calquera das súas especialidades, requirirá estar en posesión do título de Bacharel, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica a que se refire o artigo 57.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
2. De acordo co establecido no artigo 5.2 do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, para os maiores de dezaoito anos de idade que non cumpran os requisitos xerais para o acceso ás ensinanzas superiores de Deseño, a dirección xeral competente en materia de ensinanzas artísticas superiores convocará, polo menos unha vez ao ano, a proba establecida no artigo 69.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Para a realización desta proba que substitúe o requisito de titulación, será necesario facer, ou ter feitos, os dezaoito anos no ano en que se realice esta.

(…)

Artigo 8. Acceso para aspirantes con discapacidade
1. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, os/as aspirantes ao acceso de admisión ás ensinanzas superiores de Deseño que presenten algunha discapacidade poderán requirir a adaptación que corresponda
para a realización das probas de acceso ás ditas ensinanzas.
2. Para tal efecto, os/as aspirantes con algunha discapacidade deberán presentar, xunto coa súa inscrición no procedemento de acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Deseño, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.
3. Correspóndelle ao tribunal encargado da organización, realización e cualificación de cada proba adoptar as medidas precisas e adaptar os medios e as condicións de realización da proba, co obxecto de permitir que os/as aspirantes con discapacidade poidan realizar a proba correspondente en condicións de igualdade co resto de aspirantes.

Artigo 9. Acceso para deportistas de alto rendemento e/ou nivel
De acordo co establecido nos artigos 34 e 36.d) da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, en cada centro da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparta algunha das especialidades das ensinanzas superiores de Deseño, reservaranse adicionalmente as prazas necesarias en cada especialidade impartida para o acceso a estas dos/das aspirantes coa condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento, e que reúna os requisitos académicos establecidos