search


Ultreia

easd-utreia_76202

Deseñador-ebanista: Marcos Pérez Saburido
Nome do moble: Ultreia.
A moldura, elemento orixinario sobre a que vira toda a idea deste moble, xera cristas e ondas xeométricas dando lugar a unha superficie que imita unha serra montañosa como as que ven os peregrinos do camiño de Santiago. De aí o seu nome Ultreia (do latín ultra -máis aló- e eia -interxección para mover-)inspirado na historia deste camiño. É un saúdo entre os peregrinos e vén significar “imos máis aló”.
O moble está formado por 4 pezas de taboleiro, dous baldas interiores, unha base e catro patas de madeira de koto. O colector feito en taboleiro DM rechapado en haxa, ao que encostamos o moldura dobre de media lúa co listón cadrado conformando os paneis laterais e superior. Este moldura está lacada en gris para eliminar calquera distorsión da veta da madeira proporcionándonos así unha sensación de homoxeneidade en toda a súa forma.
As patas continúan co efecto do moldura que suxire unha certa inspiración nas columnas clásicas gregas. Teñen unha forma cónica que foi torneada e á que posteriormente se lle fan unhas acanaladuras nas que incrustamos o listón de cuadradillo para imitar o moldura superior e finalmente lacamos en gris.
Foi o elemento moldura o que construíu o colector, que debido á súa forma e construción transmítenos a sensación de lixeireza e funcionalidade.

easd-utreia_7616

easd-ourense-utreia_7630

easd-ourense-utreia_7628

easd-ourense-_7627