search


Rupez

Rupez_4576-b

Rupez
Diseñador-ebanista:Xesús Pacheco

Rupez, mergullado na xeometría.
Rupez, o peixe regla.

“Rupez“ é unha orixinal peza de madeira que tanto pode ser o xoguete de calquera cativo como unha precisa ferramenta de traballo. Dotado dunha liña ergonómica, peso reducido e un aspecto simpático pode acompañar os mais pequenos en grandes aventuras polos océanos da fantasía. Pero ademais disto, este animaliño posúe ferramentas ben útiles para o estudo.
O aparello está fabricado con dúas variedades de madeira unha de cor clara, castiñeiro, e outra escura, sapeli. O contraste entre materiais na construción das espiñas, a modo de franxas dun centímetro de anchura, convertendo a Rupez nunha regra calibrada. Ademais a súa parte traseira tamén é útil para o debuxo, apoiando a aleta no lateral do caderno podemos trazar de xeito doado e preciso rectas coas inclinacións máis comúns, 30, 45 ou 90 grados.

Rupez-63-b

pez-80-b

rupez-81-b