search


Puzzle

3

Puzzle
Joan Ríos
Proxecto Fin de Carreira dos Estudos Superiores de Deseño Gráfico 2013-14

Puzzle é o PFC de Joan Ríos (Cádiz, 1984) diseñador gráfico residente en Vigo, que actualmente desenvolve o 4º e último curso de Grado de Deseño Gráfico na EASD Antonio Faílde de Ourense. O seu proxecto preséntase, partindo desde cero, como unha nova relixión politeísta, que amosa a conducta do ser humano, dunha forma irresponsable e coa necesidade de ser axudado. É un procedemento orixinal e creativo de contar a historia dende o principio dos tempos ata agora.
Os deuses teñen poderes baseados en sentimientos e estados de ánimo que se reflícten no ser humano, é dicir, que se alguén se sínte inspirado é producto dun determinado deus. O cerebro divídese en oito rexións que controlan os nosos movementos, pensamentos, razonamentos, etc. Cada deus posúe un poder que recae nunha parte específica do cerebro, pero os humanos non son conscientes
da súa intromisión e pensan que eles mesmos controlan o seu estado.
Hai unha serie de semideuses, metade humanos, metade deuses que, guían aos habitantes da Terra a través da ciencia, música, artes, etc. Son personaxes famosos na historia que son admirados pola súa fama. Tamén son caprichosos e capaces de liderar as masas polas súas ideas. Guíannos co seu saber e dictaminan coas súas modas o que está ben e o que non. Moitos deles enfrentan ao ser humano porque cada un deles idolatra a un ou outro xerando tensións.
A través dun libro ou biblia, (Parábolas) narra a historia dos antepasados, cunha serie de deuses mediando nos comportamentos e facendo que todo transcurra como reflicte a historia (a invención do fogo, a primeira linguaxe, a escritura e progresos como a chegada á Lúa, etc.).
Por último, e para reforzar a existencia de ditos deuses, móstranse unha serie de ilustracións dos momentos máis importantes na historia do ser humano e momentos cotiás que, potencian a narración e a idea de Puzzle.
Máis información en: www.proyectopuzzle.brace.io
1

2

3

5

7

11

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28