search


Cookielovers

cookielovers2

Cookielovers

Cristina Fernández

Cookielovers é un proxecto integral de branding que responde ao concepto de tenda especializada, tan de moda hoxe en día. A estratexia comunicativa baséase no amor como sentimento capaz de mover as paixóns do mundo.Un amor que non entende de idades nin sexos por ser algo tan fundamental como universal. Neste caso o amor céntrase nun elemento, a galleta. Así para o packaging preséntanse 9 variedades do produto en varios sabores en envases de 12 e 6 unidades presentados case de forma científica, tarros que conteñen galletas que lembran á táboa periódica e nos que cada elemento ten un sentido. Os vinilos troquelados e o cristal deixan ver o produto e nas caixas continúase con esta idea, do produto, como un elemento máis do deseño capaz de atraer as miradas e converterse en obxecto de desexo do consumidor.