search


Na Veta

1aGris

“Na veta” é unha exposición de Ebanistería Artística realizada pola EASD Antonio Faílde de Ourense, do 07/04/2016 ó 21/04/2016 que nos introduce no proceso artesanal dende a materia prima ata o prototipo.
Móstranse mobles de autor dispostos ao redor dunha peza central, que lembra un toro de árbore oco e articula o percorrido. O protagonismo desta escultórica peza permítenos, ademais de organizar o espazo expositivo, simbolizar o proceso de deseño. O visitante participa no xogo da retórica visual, atopando a orixe na materia, a savia nos fíos de cores e o froito da mestría técnica no mobiliario.
A exposición foi un ilusionante proxecto do alumnado das especialidades de ebanistería, interiores e gráfico, tanto polo seu carácter multidisciplinar coma pola oportunidade que nos brindou o Museo Municipal de materializar un proxecto real fóra da Escola.

O obxectivo da Escola de dar visibilidade aos novos estudos superiores de Ebanistería Artística é o punto de partida deste proxecto expositivo. O proceso comezou coma un concurso de propostas dos grupos mixtos das disciplinas de Deseño de Espazos e Arquitectura Efémera de Deseño de Interiores e Proxecto Experimental de Deseño Gráfico, e posteriormente desenvolveuse por todo o grupo.
2aganadores

2blineaygris

2clineaygris

O alumnado de Ebanistería Artística realizou a estrutura de madeira central e a súa posterior montaxe.
3a1

3b

3c

Elementos gráficos para a exposición: cartelería, folleto da exposición, vinilos e cartelas.
4a

4bgrafico

Imaxes da exposición
5a

5i

5h

5g

5f

5e

5d

5c

5b