search


Marcos Viso

marcos_viso_07

marcos_viso_08

marcos_viso_06

marcos_viso_04

marcos_viso_03

marcos_viso_02

marcos_viso_01

marcos_viso_05

Extracto da entrevista a Marcos Viso en 190º THE MAGAZINE
Quén E cómo É Marcos?
Chámome Marcos Viso Dopazo e teño irmán e irmá, de pai e nai sinxelos. Dende fai pouquiño tamén son pai. Como moitos sobrevivín a “Chanquete”, Heidi e Marco. Crecín, como todos os do barrio, xogando ás chapas e ás canicas nunha rúa sen asfalto. Nunca me atraeron gran cousa os contos, pero si lembro especialmente a miña primeira caixiña de acuarelas, debuxo dende sempre ou iso recordo. Sempre me gustaron todo tipo de animais, pero non son veterinario, acabei sendo Deliñante, Arquitecto Técnico e Enxeñeiro da Edificación, alguén gañou moitos cartiños co invento. E por fin Ilustrador. Crítico con todo e con todos, intento morderme a lingua pero sempre me delata unha mirada expresiva. Prefiro o tren ao avión, evito as reunións multitudinarias e cun lapis e un papel son feliz.
Qué te levou a deixar de lado a túa profesión como arquitecto técnico e dedicarte á ilustración?
O menosprezo e desprestixio do gremio, a competencia desleal e a ingratitude de moitos empresarios, políticos e clientes fixeron que pouco a pouco perdese a ilusión na profesión e a simpatía cara a unha sociedade que sempre xustifica e enaltece o tramposo. O futuro non me parecía mellor e empecei a pensar na posibilidade de cambiar de rumbo.
Coa anunciada crise económica matriculeime no Ciclo superior de ilustración. Na Escola de Arte de Ourense descubrín un mundo para min inexistente ata entón, foi marabilloso.
O empuxón definitivo deumo ser pai dunha fermosa nena, Iria, un ano máis tarde. O desexo de ser o mellor pai esixía cambios.
Collín os meus lapis, fixen as maletas e funme a Barcelona a realizar un Obradoiro con Rebeca Luciani, Jorge Zentner e Mariona Cabassa.
Dende entón e gozando, intento facerme un oco no mundo da ilustración.
Ilustración dixital o ilustración a man?, Cómo é teu xeito de traballar?
Nestes momentos, técnica mixta; debuxo con lapis de grafito e aplico texturas e a cor dixitalmente.
Confeso que tampouco debuxo moito, me refiro a que non fago moitos bosquexos nin grandes estudos de detalles nas libretas tipo “Moleskine”.
Eu “miro” máis que debuxo, invisto moito tempo en pensar, en empatizar co personaxe captando emocións ou xerando algún sentimento que poder trasladar ao papel. Ás veces consigo ter clara unha imaxe na miña cabeza, outras é unha mensaxe máis ou menos complexa, unha palabra, unha emoción, son, olor…
Unha vez que o teño claro collo o lapis e empezo a debuxar, xa digo que non fago moitos bosquexos, un ou dous, ás veces se non teño claro algunha postura lle pido á miña parella que a interprete e alí onde estea fago un apuntamento rápido (non tanto para ela) do que me interesa e se non está llo pido a Mr.Google.
A partir de aí… aplicar a técnica.
Un soño por realizar…
Vivir da ilustración.
Vale, este soño pode que no sea tan sinxelo pero…por qué non?

www.marcosvisoilustracion.com