search


Lilium

Foto5_003_TF2_elsa_fernandez-(4)

Deseñador-ebanista:: Jairo Ramos
Nome: LILIUM
Material: Contrachapado de ocume e freixo

LILIUM é un percheiro que xorde a partir dunha lámina de madeira contrachapada curvada que, ao repetirse radialmente, crea unha esbelta columna que se abre de forma circular semellando a división dos pétalos desta flor. Unha delicada corola que aflora cada mañanciña para amosar toda a súa frescura.
Estructuralmente pártese dun módulo plano, sinxelo, de forma curva, que ao unilo co seu compañeiro e curvalo posteriormente, configura unha peza de forte carácter escultórico. Ademáis, ao xuntar os elementos contrapeados, outórgaselle esa forma de inspiración orgánica que guiou o proxecto dende as súas orixes. As súas patas xorden separadas dende o chan, para xuntarse logo no tronco e seguir elevándose ata a copa, onde volven de novo a abrirse e conformar, finalmente, os seis colgadoiros.

Foto2-Fernandez_Elsa_Lilium_3

ofelia-lilium_7774

ofelia-easd-ourense-lilium_7780

Ofelia Cardo-Alba_GónzalezLilium-1

Créditos fotografías, de arriba a abaixo: Elsa Fernández (dúas primeiras), Ofelia Cardo (dúas seguintes) e Alba González (última).