search


Coriolis

ebanistería_EASD_Ourense_Corioles_03

Diseñador-Ebanista: Maikel Lorenzo Quintairos
Nombre del mueble: Coriolis

A idea para este cabinetxurde da observación no cotidiano, e neses contornos, formas ou siluetas que diariamente observamos sen reparar na beleza que poden posuír, ou pode emerxer deles/as extrapolándoos, como neste caso, a un material tan nobre como o pode ser a madeira. Xa que, precisamente, ó resultarnos tan comúns ditas liñas, non nos decatamos da delicadeza e encanto que poden encerrar. Destexeito, nace Coriolis. Unhapeza inspirada nas infinitas e rítmicas siluetas que emerxen si observamos, de xeito un pouco afectivo, algo tan natural e ómellor, tan familiar, como o é un mar picado oulixeiramente embravecido. Ese ritmo creado naturalmente, que mesmosemella non ter fin, e esa armonía de altibaixos, plásmansenesteobxecto, mediante a textura aplicada en todo o seu contorno. Ditas pezaselabóranse en nogueira do país, material escollido por o seu rico veteado, orixinándose así, un xogo de liñas ondeantes e tremorosas a partires do seu mecanizado, observándose só, visualmente afectada a súacontinuidade formal, por medio dos distintos fragmentos introducidos en ton máis claro, a modo de anomalías. Buscando nese contraste, crear un xogo visual e favorecer as propiedades que por naturezaposúe o material empregado. Formando un corpopanelado sobre taboleiro de MDF de 10mm, erguese sobre o chan mediante catro patas a media estípite de tonalidade clara que se ancoran o módulo con espiga e caixa, respectivamente. Acadando un metro de altura total, inclínanselixeiramente os apoios aumentando a súaestabilidadesen rebasar en ningún momento o perímetro exterior. Respectando a propia beleza natural do material e nunar de resaltala o seu acabado realízaseunicamentecun encerado.

ebanistería_EASD_Ourense_Corioles_02

ebanistería_EASD_Ourense_Corioles_01

ebanistería_EASD_Ourense_Corioles_04