search


Camelhoof

camelhoof

Camelhoof

Tomás Gutierrez. 2010.

Coa proposta de deseñar o CD do grupo Camel Hoof aparece ao mesmo tempo a necesidade de crear un identificador. Na elaboración deste trátase de evitar a asociación do grupo a un xénero musical concreto, xa que non pertence a ningún en particular. Finalmente optouse por empregar unha forma simple que contrastara coa tipografía de curvas e detalles suxestivos.

En canto ao deseño do disco a atmosfera gráfica funciona como unha interpretación visual da música do grupo, salientando o carácter dadaísta que acompaña todas as as súas composicións. O produto final aparenta ser un caos composto a base de imaxes recortadas, caracteres deformados e composicións case improvisadas.