search


Biblioteca de barrio

biblioteca de barrio

Biblioteca de barrio

Martinho Fortes. 2010.

Un bo libro é aquel que se abre con expectación e se pecha con proveito. Louise Malcott.

Procura dun espazo onde se poda pasar un rato de lecer, diversión e aprendizaxe todo á vez. Un lugar onde a comunicación é o fundamental, escrita nos libros, visual nas películas, sonora na música, interactiva en internet, e a máis importante a comunicación coa sociedade.

A Biblioteca de Barrio, unificarase nun único espazo en diferentes niveis, grazas a ampliación subterránea. Conseguindo grandes espazos flexibles e polifacéticos, conseguindo así entre as diferentes zonas unha maior comunicación e relación entre si.

A circulación configurarase no acceso nun núcleo central, dende onde se accede a todalas zonas e niveis. Dende este centro neurálxico, pódese visualizar todo o conxunto; a circulación entre os diferentes niveis faise a través dun eixe lonxitudinal: nun sentido a rampla conduce á zona infantil, e no outro con máis protagonismo a escaleira transformase en grada de lectura.

Dado que a cuberta do edificio forma parte dun xardín, propúxose sacar a biblioteca ao exterior, xerando así unha unión exterior-interior co patio e os lucernarios. O patio xerando tranquilidade, desprendendo ledicia e vitalidade cara dentro. Os lucernarios con forma esférica, permiten a entrada de luz solar polo día, e sinalizan con luz artificial pola noite a penumbra do xardín, semellando burbullas que eclosionasen dende dentro.

En definitiva, todo o realizado intenta crear un mundo dotado de micro-mundos no que te podas abstraer e permita crear as túas propias historias.