search


Ben Apañado

baixa_mulleres_logo1

Ben Apañado
Xosé Manuel Rodríguez Fernández
Proxecto Final de Carreira. Estudos Superiores de Deseño Gráfico, curso 2013-14

Ben apañado aparece coma unha alternativa aos selos ecolóxicos tradicionais e a súa burocracia, loita contra a mercantilización da alimentación das grandes multinacionais, a destrución da biodiversidade, o dumping, os alimentos quilométricos…

O proxecto componse dunha campaña para o consumo local, de tempada e sen intermediarios, onde o consumidor certifica a calidade do produto e produtor, visitando directamente o seu medio de traballo e valorándoo na web. Dando así o certificado de calidade dese alimento e de quen o oferta.
Dentro da campaña créase unha proposta de packaging para aqueles produtos que carecen del e cumpren os requisitos e valores de ben apañado, axudando así a dar saída a alimentos da casa ou de pequenos agricultores e gandeiros que queren vender o seus alimentos, e fomentar o consumo local.

Como funciona?
É un sistema de confianza ó igual que os selos ecolóxicos, unha garantía dada por técnicos especializados, e neste caso tamén por consumidores e produtores.
Ben apañado é unha asociación que se rexe por organizacións locais (comarca/parroquia/barrio…), de xeito asembleario establécense bases propias axeitadas a cada zona e clima pero cumprindo unhas comúns e respectuosas co medio.

Que garante?

Coñecer o que comes, redución de custes enerxéticos e de intermediarios, un trato axeitado a terra e aos alimentos, un proceso de produción, manipulación e distribución xusto para todos.

baixa_inspiracion_mulleres

baixa_tipografías

baixa_logo

baixa_mulleres-no-mercado-vigo-1955

baixa_ben_apañado_logo1C

baixa_ben_apañado_logo2

baixa_ben_apañado_logo2B

baixa_ben_apañado_logo1

baixa_ben_apañado_logo1B

baixa_calendario

baixa_cartaz_rua2

baixa_cartaz_rua

baixa_delantal

baixa_camisola_b

baixa_etiqueta

adhesivo_prod

ben_apañado_43

ben_apañado_57

ben_apañado_73

ben_apañado_bolsa

ben_apañado_fariña

ben_apañado_pizarra

ben_apañado_queixo

ben_apanhado_marmeladas_cinta

benapanhado57_detalle

cervexa

papel