search


Bamboo

easd-16-b

Deseñador-ebanista: JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ TABOADA
Nome: BAMBOO
Fotografía: MAURO MARTÍNEZ alumno de Fotografía Artística
Ano: 2019

BAMBOO é unha mesa alta de café, cunha superficie ou bandexa auxiliar extraíble na parte superior. O seu deseño inspirase en motivos vexetais de orixe asiático coma o bambú e as follas dos nenúfares. Tamén amósanse claros referentes aos cadros de Claude Monet pintados en Giverny (Francia).
Estruturalmente, está composta por tres patas torneadas en madeira de coto, que imitan as canas de bambú, que soportan un mesado circular de carballo e unha pequena bandexa, tamén de carballo, situada na vertical dunha das patas e suspendida sobre el, recordando aos nenúfares que flotan na auga calma dos lagos.
Para o seu acabado, empregouse unha patina acrílica branca para as patas e un verniz acrílico transparente fixador, que tamén se aplicou ao natural, nos sobres de carballo, para potenciar a súa veta.
easd-21-b

easd-22-b

easd-20-b

easd-27-b

easd-19-b